Thursday 25 de April de 2024

As nenas e nenos da Coruña terá o seu propio Consello Local


Representantes de nove colexios da cidade participaron esta mañá no tradicional pleno infantil polo Día da Infancia

O Concello da Coruña acolleu o seu tradicional pleno infantil esta mañá. Neste acto lúdico participan centros de educación primaria públicos da cidade para conmemorar o Día Internacional da Infancia.

A alcaldesa Inés Rey e o concelleiro de Educación, Jesús Celemín, recibiron aos alumnos de quinto e sexto curso dos centros: María Pita, Karbo, Franciscanas, Esclavas, Novo Mesoiro, Salesianos, Eusebio da Guarda, Calasanz e Santo Domingo. Neste acto as rapazas e rapaces participantes puideron coñecer de primeira man o funcionamento da xestión municipal e descubrir o salón de plenos de María Pita por eles mesmos.

A mocidade acudiu a este pleno cunha batería de propostas para beneficio dos máis novos da cidade. Aprobouse nesta sesión a constitución dun Consello Local de participación infantil, para dar voz en María Pita aos máis pequenos. Durante a sesión, propuxéronse as bases principais deste novo órgano de goberno. Todos os colexios aportaron as súas ideas e tanto a alcaldesa Inés Rey como o concelleiro Jesús Celemín celebraron o bo entendemento que houbo.